¡Ñam, ñam!
Páxina 1 · Un día calqueraSnacks para cansUn só ingrediente. Nada máis.
Snacks 100% naturais, secados amodo e sen engadirlles nada.
¿E o meu?
Snacks 100% naturais.
De orixe galega, sen conservantes nin colorantes e secados a baixa temperatura. Para todas as razas e idades.
Ver os snacksSniff, sniff… aquí cheira a algo bo.

Un só ingrediente. Nada máis.
Materia prima de aquí ao lado, en Galicia.
100 % natural, secado amodo.
¡Sen conservantes nin colorantes!
De Galicia á boca
Paso 1: Materia prima de proximidade
Orixe animal, de provedores de confianza. Sabemos de onde vén cada peza.
Paso 2: Secado a baixa temperatura
Cocemos durante horas a baixa temperatura: conserva o sabor e os nutrientes sen engadir nada.
Paso 3: Un só ingrediente
O que pon na etiqueta é o que hai. Nada máis.
Paso 4: Todo vantaxes
Favorece a saúde dental, é baixo en graxas e vólveos tolos.
Para morder un bo anaco.
Elaborados cos mellores ingredientes de orixe animal, sen conservantes, colorantes nin procesados.
- Base 100% natural de orixe animal
- Para todas as razas e idades
- Favorece a saúde dental
- Saudable e baixo en graxas
Un chorriño que se nota.
O topping perfecto para a súa comida de sempre. Salmón, sardiña ou atún.
- Ricos en omega-3 e omega-6
- Fortalecen o sistema inmunitario
- Pelo máis san e menos alerxias cutáneas
- Articulacións flexibles grazas ao coláxeno
¿Dámoslle un capricho san?
No próximo número: bolsas de 500 g e 1 kg para os que non se conforman cun doypack.




