Preguntas frecuentes
Sobre os produtos
¿Como se elaboran os snacks? Deshidrátanse a baixa temperatura para conservar todos os nutrientes. Son 100% naturais, sen conservantes, colorantes nin aditivos.
¿Para que cans son aptos? Para cans de todas as idades e tamaños. Ao seren monoproteicos e naturais, son ideais tamén para cans con sensibilidades alimentarias.
¿Canto duran? Consulta a data de consumo preferente en cada envase. Conserva os snacks nun lugar fresco e seco, ben pechados despois de abrilos.
Pedidos e envíos
¿Cando recibirei o meu pedido? Os pedidos procésanse nun máximo de 48 h laborables; o envío con Correos Express tarda de 24 a 72 horas.
¿O envío é gratuíto? Si, en pedidos superiores a 40 € (IVE incluído). Por debaixo, o envío custa 5,95 €.
Devolucións
Dispós de 30 días desde a recepción para devolver produtos sen abrir e na súa embalaxe orixinal. Máis detalles nas nosas condicións de venda.
¿Máis dúbidas? Escríbenos a dosdog.gerencia@gmail.com.