Cap. 1/5
Capítulo 1 · Nós

Coidar ben, a nosa forma de facer empresa.

Cremos que a calidade auténtica nace do coidado. Somos unha empresa galega comprometida coa saúde animal, a sustentabilidade e o benestar de cada can e cada gato que goza dos nosos produtos.

O noso obxectivo é sinxelo: ofrecer produtos naturais e nutritivos que transmitan confianza a quen os recomenda e os distribúe.

Encantados. Somos Lusco e Fusco.

Fusco, o gato de dosdog
Lusco, o can de dosdog, con auriculares
Lusco
Capítulo 2 · Como o facemos

De Galicia ao bol, sen atallos.

Seleccionamos materias primas de calidade e tratámolas co máximo respecto, ofrecendo produtos naturais.

  1. Somos defensores do noso.

    Usamos produtos de proximidade.

  2. Somos fabricantes.

    Sabemos de onde vén cada produto.

  3. Amamos o natural.

    Ofrecemos produtos saudables, como os nosos snacks 100% naturais.

  4. E a natureza.

    Por iso os nosos envases son 100% reciclables.

Capítulo 3 · 100 % galegos
Lusco tocando a gaita

A primeira industria galega de snacks deshidratados.

Un modelo actual e sustentable: envases 100 % reciclables e materia prima de proximidade, da zona de Galicia.

Estamos en Lugo, desde onde distribuímos os nosos produtos a toda Europa.

Capítulo 4 · Sustentables e ecolóxicos

O menor impacto posible.

Buscamos o benestar das mascotas: as mellores materias primas, tratadas con coidado e baixo rigorosos estándares de calidade. O noso proceso está pensado para causar o menor impacto sobre o medio ambiente, o noso e o dos nosos provedores.

Materia prima de proximidadeEnvases 100 % reciclables
Fusco coidando unha planta
Capítulo 5 · En resumo

Honestidade, agarimo e responsabilidade.

gamas de produto
3
galegos
100 %
envases reciclables
100 %
industria galega de snacks deshidratados
1ª

Gústanos traballar man a man con profesionais que comparten a nosa forma de entender o coidado. Se tes unha tenda, unha clínica ou unha protectora, cóntanolo.