Tenreira

Traquea, orella e cubiños de corazón, fígado e pulmón de vacún deshidratados, máis o óso XXL: lambetadas de tenreira 100 % naturais feitas en Galicia.

Seguir lendo

A tenreira é a categoría máis ampla de dosdog, e a que mellor resume o que facemos: aproveitar partes do vacún que non van á carnicería e convertelas, só con secado, en premios que aos cans lles encantan. Traqueas, orellas, cubiños de miúdos e un óso para os grandes.

Hai unha lambetada de tenreira para cada can: cubiños de pulmón para adestrar un cachorro, traquea para un adulto que quere roer un anaco, óso XXL para un mastín. Todo sen conservantes nin colorantes, fabricado en Lugo, en Galicia.

3 produtos
Ordenar

Snacks de tenreira para cans: traquea, pulmón, fígado e máis

O vacún dá para moito máis ca un filete. As vísceras e as cartilaxes son, de feito, algunhas das partes máis nutritivas para un can: concentran proteína, ferro e vitaminas que a carne magra non ten. En dosdog deshidratámolas sen engadir nada, para que o único que cambie sexa a auga que lles falta.

O resultado é unha gama con texturas moi distintas. Os cubiños son pequenos e crocantes, perfectos para adestrar; a traquea e a orella de vacún róense con calma; o óso XXL é para cans grandes con afección a trabar.

Que atoparás

Como escoller e como dalos

Para adestramento, os cubiños de pulmón ou corazón: son lixeiros e podes dar moitos sen disparar as calorías. O fígado é máis rico en vitamina A, así que mellor en pequenas cantidades. Para un anaco de mastigación, a traquea ou a orella de vacún valen para case calquera tamaño de can. O óso XXL, só para cans grandes, con supervisión, e retirándoo se se estela ou queda pequeno.

En todos os casos, auga á disposición e sentido común: os premios non deberían pasar do 10 % da súa comida diaria. Se o teu can non probou vísceras deshidratadas, comeza con poucos cubiños; a algúns descompónselles o estómago se se pasan o primeiro día.

Feito en Galicia

Galicia é terra de vacún, e en dosdog fabricamos en Lugo. Secamos cada peza a temperatura controlada ata deixala crocante, e o que chega á túa casa sae do noso secadoiro, sen intermediarios. Se non sabes por cal empezar, pregúntanos.

Preguntas frecuentes